Mururoa
ISBN: 9788411761277 Editorial Galaxia, S.A. Coste Oeste
Mururoa é unha novela que afonda no comportamento humano, tanto anivel individual como colectivo, diante de noticias que nos afectan no máis profundo do noso ser coma se fosen a explosión dunha bombaatómica. Unha rapaza, Iria, desaparece sen rastro ningún, pero deixa unprofundo desacougo na súa familia que, de súpeto, aprende quesignifica a palabra amor logo dunha vida en que cada quen ía ao seu. A desaparición da moza levará a todos a reflexionar sobre os seussentimentos e a dependencia que temos cos que nos rodean. Ao tempo, algo pasa na vila, que tronza o cotián e que lembra ás xentes do lugar a nosa vulnerabilidade máis absoluta fronte a unha falsa sensación de protección.