na canella infinita.(literaria ronsel)
ISBN: 9788411761819 GALAXIA Literaria RONSEL
Dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga epoboada de fantasmas e sombras. Corren os anos 80, un tempo degran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitastraxedias persoais, dor e morte. Un achado accidental e envelenado nunha praia coloca ao trío deprotagonistas no bordo do precipicio. Historias paralelas e que sebifurcan, as ansias de desaparecer e esquecer o medo, o ímpeto humanodo auxilio e solidariedade, os remorsos e a procura de consolo, o terror cara a un futuro que non existe e a sabedoría dun pasado quesempre acompaña, forman parte dunha historia engaiolante epoliédrica onde moitos lectores e lectoras se recoñecerán.