Overslaan naar inhoud

Jane Eyre

2023 GLG
ISBN: 9788412624748 IRMAS CARTONE
25,00 € 25,00 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles
Si no lo tenemos en tienda, te lo pedimos a nuestro proveedor — entrega en aprox. 7 días hábiles.

Orfa e rexeitada polos parentes a quen se lles encomendou o seu coidado, Jane Eyre pasa nos seus primeiros anos dunha casa hostil a un internado. Alí, con todo, consegue unha boa educación e, tras un tempo exercendo de profesora, marcha para traballar de institutriz na espléndida mansión do señor Rochester. A vida por fin parece sorrirlle, pero algo terrible espreita no faiado de Thornfield Hall. Publicada por primeira vez en 1847 baixo o pseudónimo Currer Bell, Jane Eyre obtivo un éxito inmediato e supuxo toda unha revolución na narrativa, converténdose nun dos grandes clásicos indiscutibles da literatura universal. En Jane Eyre, Charlotte Brontë non só tece unha narración apaixonante e chea de peripecias que leva namorado xeracións enteiras de lectores, senón que introduce unha perspectiva novidosa para o seu tempo ao relatar toda a trama desde o punto de vista de Jane, no que moitos autores consideran o primeiro exemplo de fluxo de conciencia. Todo un fito literario que chega por primeira vez ao galego da man de Irmás Cartoné.