A Caeira
ISBN: 9788412800623
A xunqueira de Alba é o espazo natural do concello menos visitado pola veciñanza pontevedresa. Aínda que esquecido, agocha granvariedade de especies vexetais e animais propios dos humedais galegos, moitas delas en franca regresión. Declarada Espazo Natural de Interese Local (enil), non só destaca pola riqueza medioambiental e paisaxística, tamén conta cun tramodo Camiño de Santiago ao longo da xunqueira. Durante o percorridoatopamos unha variada mostra do patrimonio arquitectónico eetnográfico nas parroquias de Lérez e Alba. Asalto ao tren da Portela fala dun tempo onde a nenez se vivía fóra da casa, de longos veráns e invernos coas pernas ao ar. Tardes detebeos e futbolín, domingos con Gary Cooper e John Wayne na platea docine en sesión continua. Naqueles días, a maioría das vecesdeitados na herba das veigas, bulían polo maxín da xove cuadrillacantidade de ideas, mesturadas con xogos e aventuras, arestoraimposíbeis.