🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Elmer e Wilbur

2021 32 p. GLG
ISBN: 9788413430591 KALANDRAKA Tras os montes
14,43 € 14,43 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Elmer contara coa axuda de Wilbur para atopar un osiño perdido nunha das anteriores aventuras deste simpático personaxe multicolor, agora é Wilbur quen necesita que o seu curmán o saque dun apuro, algo no que van colaborar de xeito entusiasta outros elefantes. Velaquí un novo relato cheo de amizade, tenrura, ledicia, empatía, solidariedade e axuda colectiva, e tamén moito humor. Porque se Elmer se caracteriza por ser traste, Wilbur é outro trangalleiro. Por iso dar con el convértese en toda unha peripecia: non está onda o tigre, nin no tobo dos coellos e tampouco é súa a imaxe que se reflicte na superficie do lago? a voz de Wilbur escóitase por todas partes, pero non hai nin rastro del a pesar de que o seu aspecto é tan chamativo como o do seu curmán.