Chibos Chibóns (BATA)
ISBN: 9788413433073 KALANDRAKA De fácil lectura. Makakiños
Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistema SPCde pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega. A colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboracióncoa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar alectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar ainclusiónde todas e todos. Son un conxunto de libros de fácil lectura queprocuranunha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxedepictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado endebuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por Roxanna Mayer-Johnson. Chibos Chibóns, o coñecido clásico europeo adaptado por Olalla González, incorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versióntraducidapor Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións de Federico Fernández procuran achegarnos a súa versión do contobuscandoa máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.