Overslaan naar inhoud

Os ensaios

2016 387 p. GLG
ISBN: 9788416533701 Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC Clásicos do pensamento universal
13,63 € 13,63 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Os Ensaios de Michel de Montaigne constitúen unha das grandes creacións do humanismo do século XVI. Publicados por primeira vez en 1580 e reeditados varias veces en vida do autor, foron todo un éxito editorial e exerceron enorme influencia. A fórmula empregada, que combina o discurso filosófico coa confesión persoal e autobiográfica e toda clase de digresións, serviu de modelo para autores posteriores e instaurou un novo xénero. Montaigne non aspira a construír un sistema filosófico e nin sequera se pretende filósofo; recea de todo dogmatismo e busca na filosofía unha moral práctica orientada a aprender a vivir o máis felizmente posible. A maior parte desta escolma vén ocupada pola Apoloxía de Raymond de Sebonde, reputado como o máis filosófico dos ensaios, mostra singular do escepticismo humanista precartesiano. No titulado Que filosofar é aprender a morrer, servíndose de temas e motivos de tradición estoica, Montaigne recomenda a meditatio mortis como fórmula para aprender a vivir. No que leva o título de Da educación dos fillos expón as súas ideas acerca da educación, que fan del un precursor da pedagoxía moderna. O titulado Dos caníbales, que amosa o impacto provocado pola descuberta do chamado Novo Mundo, é tamén un texto precursor, neste caso da antropoloxía social.