Overslaan naar inhoud

Superado pola extrema pobreza que padece en Mali, Suleimán decidemarchar co seu amigo Musa na busca dunha vida mellor en Europa, onde esperan traballar, conseguir diñeiro para voltar ao seu país, abrir os seus negocios e axudar as súas familias. A viaxe resulta dura e difícil: cruzan o deserto en camiónsescangallados, ateigados de xente tan desesperada coma eles, chegan áfronteira con Melilla pero, ao tratar de cruzar a reixa fronteiriza, son arrestados e expulsados. Suleimán loita por sobrevivir e volve intentalo por mar, dende as costas de Senegal ata Gran Canaria.