Cráter
ISBN: 9788416721993
Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboabanun mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvísda memoria facendo apoloxía dos traballos e os díasda estirpe e a refutando o dano que lle causou á almacolectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra, e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soñosorganizando o comité da noite». Comparece aquí tamén a fera tenrura, ou a tenra fereza, da unión libre no entusiasmo carnal, ese bum-bum, bum-bum da lava en corpos que se dan pracer ata o infinito. E di, outra vez: «Quero desatar e ser desatada». Por isoos poemas non son aquí formas pechadas, senón suxestiónscaudalosas discorrendo coa liberdade imprevisibledun corazón que se expresa de fóra cara a dentro. Cráter é, xa que logo, a asistencia ao laio polos rescaldosdun lume tribal e, asemade, á celebración das emanaciónsingobernables das lapas da vida. E chega na voz dunha deusacampesiña con xurisdición no territorio bañado polo río Saa. E proclama: «Vilarmao, sempre!».