Overslaan naar inhoud

Podemos definir a sátira latina como un xénero literarioespecificamente romano que, servíndose de influencias diversas, eperseguindo unha finalidade netamente moralizadora, acode a unhaconxunción de formantes nun rexistro irónico, gracioso e picantepara explicar a intencionalidade argumental detallada. No caso de Horacio, a exposición de vicios e defectos da sociedade ten comofinalidade a súa corrección. A tradución ofrécese en prosa, aínda que seguindo a secuenciación dosversos orixinais, e cada sátira vai precedida dun pequenoresumo elaborado pola propia tradutora. Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismoda Xunta de Galicia.