Overslaan naar inhoud

Crime e castigo é unha novela de carácter psicolóxico, publicada porprimeira vez en doce entregas entre os anos 1866 e 1867. Ambientada no San Petersburgo de 1865, a novela segue a Rodión Raskólnikov, un estudante que se ve obrigado a abandonar auniversidade pola falta de recursos da súa familia. Necesitado decartos para poder pagar os seus gastos, recorre a unha anciáprestamista, e, anoxado pola situación e cheo de delirios de grandeza, comeza a fantasiar coa idea de matar a anciá.