De Mar a Mar
ISBN: 9788418567377
Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar éun extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo,1907-A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneostan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, nonoso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, opoemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volumerescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador. Estaedición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa coidada (epremiada) Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galegados textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. Ovolume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, eenriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moidescoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cosvaliosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez Barbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán. Os poemas de De mar a mar son «como berros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enormesensibilidade e magnetismo.