As iluminacións
ISBN: 9788419213464
O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para apoesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anossaíu Une saison en enfer. Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a rupturadefinitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunhaimprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outroano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que équen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra nonobtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, perolanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seusnetos surrealistas e dos bisnetos da Beat Generation. Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e osburgueses, ea posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aoslóstregosda súa cólera, traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero.