Río Miño. Unha viaxe entre solsticios
ISBN: 9788419213488 FAKTORIA K DE LIBROS Ágora K
Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fragapercorreu o curso do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura no océano Atlántico, cruzando tres das catro provincias do país e a beira nortede Portugal. Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada conconcisión e enxeño, o narradorconvídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo, Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño. Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración de Fraga non se limita á dimensión natural do Miño, senón que inclúe ohistórico, cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces etestemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futurotanto do río como do noso país. Río Miño. Unha viaxe entre solsticiosé tanto unredescubrimento da «columna vertebral, física e simbólica de Galicia»como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión. Esta obra foi recoñecida co XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes.