O fin dun canto
ISBN: 9788475079134 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máisrepresentativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importantelista de títulos. Sendo Voce na néboa (1957) o primeiro libro de poemas de Ferrín, a publicación de Con pólvora e magnolias (1976) e de Estirpe (1994) constitúen referencia decisiva no noso lirismo. Acomenzos de 1982 aparece por vez primeira a obra que hoxe editamos: Ofin dun canto. Nela, a alianza entre a poesía revolucionaria conaqueloutra de luxos sensoriais continúa mostrándose en tódalas súasposibilidades. A reivindicación política, a nostalxia polo paso dotempo, a paixón erótica... son eixos temáticos tratados sempre desdeun dominio excepcional dos recursos expresivos da linguaxe.