🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Contos de Grimm

1998 240 p. GLG
ISBN: 9788483023211 Edicións Xerais Infantil E Xuvenil - Contos Universais
32,64 € 32,64 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustradospor algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobreantoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada "Teoría do final feliz" e remata cun emotivo"Lembranzas dos irmáns Grimm", escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración dacuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, "O lobo e os setecabritos" e "Os músicos de Bremen". Fino Lorenzo, o outrorepresentante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de"Nabiña" e "Os mensaxeiros da morte". Silvia Blanco de "O fiel Xoán" e "Os mensaxeiros da morte". Tino Gatagán de "Hänsel e Gretel" e"Brancaneves". Javier Zabala de "O pescador e a súa muller" e "A viaxe de Polgariño". Pablo Díaz de "O xastriño valente" e "Brancaneves e Rosavermella". Miguel Calatayud de "A Cincenta" e "O paxaro de ouro". Jesús Gabán de "Carapuchiña Vermella" e "A Bela Dormente". Federico Delicado de "Os seis cisnes" e "A raíña das abellas". Por último, María Jesús Santos de "Polgariño" e "A laverca cantareira esaltareira". Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a todapáxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, amagnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, oacabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volumeun estupendo agasallo para o Nadal.