🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

As cousas claras

2000 176 p. GLG
ISBN: 9788483025628 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
14,34 € 14,34 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto estar, a convertersenunha paisaxe entoldada de ameazas e preocupacions. ¿Por qué Mon, oprofesor máis popular do instituto, aparece inconsciente case morto, dun día para outro? Ninguén o pode explicar, e ninguén acredita nahipótese dun intento de suicidio. Coa axuda de Afonso, Marga será aencargada de empezar a tirar polo fío dunha historia na que a morte, a violencia, a falta de comunicación, a crueldade e a hipocresía sópoden ser superadas con amor. As cousas claras de Xosé A. Neira Cruzmereceu o Premio Merlín de Literatura Infantil, fallado o pasado 24 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela. O xurado de lectores apreciou nesta novela, de fasquía claramente xuvenil, unha grande axilidade no tratamento dun tema de actualidade, tanto no que atinxe á voz danarradora, en primeira persoa, como á construcción duns diálogos cheos de frescura e orixinalidade. As cousas claras, ambientada nuninstituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan unmozo e unha moza sobre o conflicto no que se ve inmerso o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polotratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seusalumnos.