Overslaan naar inhoud

O Fío

2017 36 p. GLG
ISBN: 9788484649908 KALANDRAKA Demademora
13,49 € 13,49 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que lle sobresaía da chaqueta... Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante. Porqueparadoxicamente, canto máis intenta desintrincalo, máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formaraparte dos trazos das ilustracións. O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía. Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativa que vai in crescendo, atrapa a atención do público, expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.