A Propiedade Do Vento Galego
ISBN: 9788484873341
A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO O desenvolvemento do sector eólico en Galiza (1995-2011) Neste libro, a autora analiza e contrastaas políticas de fomento da enerxía eólica levadas a cabo nosprincipais países produtores do mundo (China, Alemaña, Estados Unidose o Estado español), en países pioneiros (Dinamarca, Reino Unido, Francia e Holanda) e en áreas potencialmente significativas (Xapón, Lituania e América Latina), tanto en enerxía eólica terrestre como enenerxía eólica offshore. Centra o seu estudo na caracterización domarco normativo desenvolvido en Galiza desde o ano 1995 até aactualidade, analizando as diferentes etapas en función da normativaen vigor e determinando a potencia eólica instalada en cada unha desas etapas. Estuda de xeito pormenorizado o concurso eólico do gobernobipartito da Xunta de Galicia, así como o primeiro concurso eólico doactual goberno, definindo as principais fortalezas e debilidades decada un. Ademais, presenta a titularidade da potencia eólica instalada en Galiza, chegando a configurar o actual atlas empresarial eólico de Galiza, en que a participación de empresas de capital estranxeiro énotabelmente significativa e superior á das empresas de capitalmaioritariamente galego. Galiza converteuse nunha potencia eólica, un territorio que serviu de campo de probas a desenvolvementosposteriores noutros lugares, que transformou en parte o sistemaenerxético galego e español e que modelou a paisaxe. Este papeldestacado posibelmente se manteña no futuro, mais o prezo que houboque pagar quizás fose demasiado alto. O vento seguirá chegando aosmontes galegos, mais o vento de Galiza xa non é galego e, demantérense as circunstancias que o fixeron posíbel, non volverá aselo.