Nacionalismo, liberalismo e outros temas
ISBN: 9788484875956
Joan Fuster, considerado como o ensaísta catalán máis importante doséculo XX, é autor dunha ampla obra que constitúe unha das creaciónsintelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón donoso tempo. Ademais de ensaísta, foi historiador e un importantecrítico literario, malia, como el afirmaba, non ser un especialista, e un excelente, suxestivo e provocador articulista. O núcleo central da súa obra sitúase na tradición do humanismo moral clásico, de maneirapreferente dos moralistas franceses, de Montaigne á Ilustración, senesquecermos nomes como Karl Marx, Antonio Gramsci, Eugeni d'Ors, Josep Pla... Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dunestilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia daobra de Fuster, alén das súas dimensións e a súa importanciapolíticas, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que atradición -e os seus valores morais, mesmo en termos estéticos-continuaba na ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dosproblemas capitais da sociedade contemporánea. A súa obra, como afirma Gustau Muñoz, «é a semente dunha liberación que se quería completa: democracia radical, recoñecemento das nacións sen estado, dereitosindividuais sen limitacións. Obra que continúa aínda a ser incómoda, talvez hoxe máis que nunca, porque pon sobre a mesa as contradiciónsda sociedade valenciana, da sociedade catalá, da sociedade española». Con esta escolma de artigos e ensaios, Edicións Laioventoquere render homenaxe ao escritor valenciano ao se cumprir os cen anos do seu nacemento