🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Medios e políticos baixo sospeita (1990-2023)

2023 596 p. GLG
ISBN: 9788484876397 Edicións Laiovento, S.L. Ensaio
35,38 € 35,38 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra oque nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos quedominan o espazo da información pública, como é o caso de Google, Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamenteinformación como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que ospoderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa novaorde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son aotempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- ecómplices -réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse porinterpretar o mundo. O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso deprogresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súabagaxe contextual. O autor, no seu novo libro, establece de mododefinitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica. Ignacio Ramonet A farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visiónde Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténticona sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combatedemocrático. Xosé Manuel Beiras