Átlas Arqueolóxico Da Paisaxe Galega
VV.AA.
ISBN: 9788491210481
VV.AA.
A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e deactuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado dasnosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daquelesque nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máiscaracterísticas da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto daacción humana, e non só diso que chamamos a Natureza. Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendidono sentido convencional de conxunto de mapas, o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunhaboa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval. O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes-nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, aspaisaxes arqueolóxicas son algo que non existe, os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ouben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamenteas chamamos arqueolóxicas. A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, unconcepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada poladominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acciónsociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medionatural por un medio cultural cada vez máis artificial. Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez