Querote, Eu Tampouco
ISBN: 9788491215059
Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade deamar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla dafelicidade estalou en mil anacos? Grace e Frank son dous superviventes de si mesmos nun Londres cheo defocos vitais. Son o tráxico resultado de anos e anos de inseguridades, medos, carencias afectivas e unha busca desesperada de aprobación naollada allea. Cando os seus presentes chocan e se funden nun único futuro, a súasorte está botada. Illados de todo e de todos, iniciarán unha fuxidacara adiante que lles procure o que a vida ata entón lles negou: unhaverdadeira familia. Pero, ás veces, o destino ten outros plans...