Overslaan naar inhoud

Red Lion

2019 GLG
ISBN: 9788491513582 GALAXIA
15,85 € 15,85 €

 Terminos y condiciones 
Envio: de 7 a 10 dias habiles
Si no lo tenemos en tienda, te lo pedimos a nuestro proveedor — entrega en aprox. 7 días hábiles.

Lolita Dinamita iluminou a cicatriz que atravesaba o seu rostro cunsorriso de satisfacción cando se decatou de que Cara De Tolo enviara undos seus para facerse co control da venda de droga na zona. Sabía quechegara o momento que tanto esperara. Acompañada por un grupo demalnacidos, cuxas vidas xa viñan arruinadas de serie, Lolita Dinamitavolve a un pasado que doe, a un lugar en estado de excepción onde sepractica todo tipo de abusos de xeito sistemático e baixo a máis total e absoluta das impunidades. Red Lion lévanos a unha cidade calquera, a un arrabaldo onde emerxe olado máis miserento da sociedade durante as vertixinosas horas en queunha muller decide darlle un envorco á súa vida para tomar a vinganzapola súa man. Centos de vidas truncadas, milleiros de historiassilenciadas, corpos aldraxados, espíritos violentados. Morte, corrupción, vicio. A cara máis escura da humanidade quedara ocultabaixo un limoeiro no patio traseiro do que no seu día fora un doslugares máis famosos do país.