Overslaan naar inhoud

Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelaosituándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensióndas súas obras máis significativas e bosquéxase unha síntese dasprincipais liñas do seu pensamento. Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír aoreforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante adivulgación do coñecemento dunha figura central na nosa historiacontemporánea, en campos tan diversos como o pensamento, a política, as artes plásticas, a literatura e a defensa e ilustración do idioma. Ao tempo, ponse de vulto a súa achega fundamental á forxa de Galicia como nación, á reivindicación do seu autogoberno e dosintereses das clases populares, ao desenvolvemento da súa cultura nunparadigma de normalidade e modernidade e á configuración dunimaxinario colectivo, dunha identidade propia, amplamente partilladapolo conxunto do país. A vida e a obra de Castelao, indisolublementeligadas, fixeron del un mito popular que comezou a forxarse envida, especialmente durante os durísimos anos do seu exilio, nascomunidades galegas da diáspora americana.