Overslaan naar inhoud

Animais de papel:papiroflexia

2009 56 p. GLG
ISBN: 9788492630172 BAIA Xogos
10,05 € 10,05 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Todos podemos crear figuras sorprendentes. Hainas magníficas e de moi poucas pregaduras. As figuras estritamente xeométricas fascinan a miúdo pola súa perfección, pero poden resultar frías. Se deixamos voar a imaxinación, conseguiremos resultados de maior atractivo e personalidade. Neste libro temos ao noso alcance a posibilidade de recrear selectas novidades fáciles de reter na memoria, para despois sorprender os amigos e as amigas nas máis diversas ocasións. ''Cultivada esta arte durante unha sobremesa, mentres se pensa en tantas cousas vagas...! é algo inefable'', escribiu Don Ramón Gómez de la Serna. Desde entón, a afección estivo en continuo avance, seica máis que calquera outra, ao ir en aumento o número de entusiastas cultivadores. As figuras de animais, cando resutan logradas como vemos neste libro, alcanzan un éxito seguro. Falta só que o habilidoso lector as pregue con esmero, atopando para cada paso o papel que considere máis adecuado, e que trate de superalas se se ve con arrestos suficientes.