🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Será Correcto?

2017 88 p. GLG
ISBN: 9788494650239 HERCULES EDICIONES Preparados, listos...xa!
14,43 € 14,43 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Teño que erguerme cando me presentan a alguén? Podo apoiar os antebrazos na mesa cando estou comendo? Pode acompañarme meu pai a unha entrevista de traballo? Que levo como agasallo se me convidan a comer nunha casa? Todas estas cuestións e moitas máis teñen a súa resposta en Serácorrecto?, unha guía divertida e sinxela, de fácil lectura e manexo eque seguramente axudará a sacar ao lector de máis dun apuro. Na vida cotiá da maioría das persoas, encontrámonos ante diversassituacións que nos presentan dú- bidas e que resolvemos como podemos, pero descoñecemos se foi aquela a maneira máis axeitada de facelo. Non obstante, saber como hai que comportarse tampouco é difícil e achegamoita seguridade. Será correcto? está pensado para que o consulten adultos, pais, docentes... pois a falta dos bos modais é motivo de preocupación paraestes últimos. Pero tamén está orientado aos nenos, xa que temos claro que é mellor aprender bos modais de pequenos. Será correcto? non é un libro típico de protocolo, nin polo contido-non esperen atopar aquí como debemos vestirnos para a alfombravermella-, nin polo seu deseño, con desenfadadas ilustracións que nosinvitan a achegarnos ao mundo dos bos modais dun xeito divertido.