Overslaan naar inhoud

Herba moura

2005 448 p. GLG
ISBN: 9788497823470 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
23,07 € 23,07 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Herba Moura de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano efráxil -nunha perspectiva inédita do filósofo- e, sobre todo, coafigura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A través dunhamiscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man derecursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamentedeslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin nosentimentalismo, chamada a situar á narrativa galega nun novocontexto. "Herba Moura" é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, dende logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polocoñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a dapalabra. Unha novela que deita unha ollada crítica sobre o devir dasmulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas.