🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

As bruxas

2007 256 p. GLG
ISBN: 9788497824996 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
14,34 € 14,34 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoaque se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súaconvención anual nun hotelà Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Osnenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai queexterminarà E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxesnegros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálasedas bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates comoengado para destruír nenos. As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutarácoa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súaatención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias clarasonde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. Unhavoráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan treguaao lector ata o seu remate.