Overslaan naar inhoud

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Undía chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas vistencoma ela, peiténase coma elaà, son de súpeto cuspidiñas a ela. Aprofesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vaidescifrando grazas ao debuxos da súa amiga Io, unha rapaza xordomuda. Pero Io desaparece misteriosamente. A lagoa das rapazas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento e as dificultadesque sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Io amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba daspalabras. A convivencia no eido escolar, a comunicaciónextralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dostemas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.