Overslaan naar inhoud

Un tipo listo

2009 356 p. GLG
ISBN: 9788498652222 Editorial Galaxia, S.A. Literaria
20,71 € 20,71 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancariade Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco degrandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nosprincipais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menosgrave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse. A novela de Xosé Monteagudo premiada co García Barros 2009 ten trazas de crónicafamiliar e social, ao tempo que, cun dominio nada frecuente da materia literaria, propón unha reflexión sobre a relación pais-fillos, aherdanza como carga e como débeda que cómpre asumir para integrarse na sociedade ou a ruptura dos vencellos entre irmáns. Trátase dunhanovela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa atrama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vaiinternando progresivamente nunha historia inzada de segredos e mediasverdades. Mediante unha absorbente historia de suspense, esta novelade Xosé Monteagudo retrata unha sociedade na que as traxectorias deéxito son a miúdo o resultado das máis turbias intrigas. Premio García Barros 2009