Obra completa
ISBN: 9788498652345
A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao queseguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra doaire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunhaintrodución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, taménescritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada. A estes títulos, apresente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte etextos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda aobra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectorese lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosasletras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e apercepción da obra no seu conxunto. Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúesea súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para aescena.