Berrogüetto
ISBN: 9788498653939
GBS_set Viewer Options({'show Link Chrome': false}), GBS_set Language('es'), GBS_insert Preview Button Popup('ISBN:978-84-9865-393-9'), A primeira biografía de Berrogüetto, xunto cun concerto en directo en CD e DVDO 1 de xullo de 1995 unha nova formación, de estraño nome e sonirresistible, abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenasun par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terra é a primeirabiografía da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música deraíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas. A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxesepteto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúeunha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises ereinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a autoxestión oua democracia asemblearia. O libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.