Overslaan naar inhoud

Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coasúa sinatura, o máis comprometido coa súa arte, o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen nacabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dosbarrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máisgrandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos emozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo estáescrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiroinstante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.