Overslaan naar inhoud

As últimas galerías

2015 204 p. GLG
ISBN: 9788498656190 Editorial Galaxia, S.A. Literaria
16,79 € 16,79 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 7–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo depublicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá aoprelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasadoque, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisanvolver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na queaparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia. Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse nesterelato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuiciónpara os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadeaargumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non lograreter. O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatrode situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminaciónradical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. Oparadoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdadenunha situación e só hai situación pola liberdade", a situacióncaracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Aodepender da liberdade, a inserción do significado na existencia faique esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de sernecesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para produciro mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se llesquere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira[...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, senmedo".