Pétala
ISBN: 9788498716511
Pétala é un álbum moi visual que ao fío da acción e desde unhaperspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escasezade auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Coa lectura podemos transmitir os valores necesarios parafomentar a conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidadede coidar o planeta. Alén diso, en concreto, a literaturainfantil reforza a asociación simbólica con determinados significadose facilita a asimilación da realidade externa. A lectura deste conto pode constituír unha boa estratexia paraestimular a conciencia medioambiental na infancia, porque no lector sexera de maneira natural un novo concepto da importancia da auga, despois da experiencia co álbum. Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará a súa aventura, erevelaranos a todos un segredo: os dragóns, por feroces emonstruosos que parezan, tamén teñen medo.