Pingueiras e tarteiras
ISBN: 9788499140032 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática Galega
No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestadexa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán, Culleriña, a funambulista-tripulante, Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circodo Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberanoaburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -queoutrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras. Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foidefinida no ditame do xurado como unha ", apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora depersonaxes arquetípicos". Unha obra que recorre a xogos de palabraspara contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida grisdun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustradapor Rodrigo Chao.