Unha primavera para Aldara
ISBN: 9788499140278 Edicións Xerais INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que sedesenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. Noexterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobresfeudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño feridogravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina nomosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante amisericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta noconvento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre asmonxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora "ospersonaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chamaneternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afánde coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente detenrura e fraternidade". Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009.