Overslaan naar inhoud

Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguenpara estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que osdesacougan, semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas edeixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se erguen altosvalados para separar e illar unhas persoas doutras. Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os dous terán queidear mil e unha artimañas para manter viva a intensa amizade que osune. Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máisimportantes realizadas pola literatura infantil galega até aactualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un librosobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos osseres humanos.