O país adormentado
ISBN: 9788499141046 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seushabitantes dormen deseguido. No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máistempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza quecoñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súasxentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo dabendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val nonrenunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seudestino nin a súa historia. As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación damemoria e da identidade de Glearim como pobo.