Poñente
ISBN: 9788499143095
O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carmee Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondoproceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfilconcreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, aobriga a cuestionarse a súa identidade sexual. Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente taménconstitúe o horizonte persoal de Josep Sadurní, un dos pioneiroscataláns do século XIX que emigraron cara a terras galegas e queasentaron aquí para sacar adiante con éxito a industria da salgadura, marcando para sempre o devir da poboación da beiramar deste país. Carme é unha profesora que, motivada por Sarela, comeza unhainvestigación sobre os industriais cataláns que se dedicaron á salga. Esta pescuda ábrenos unha fiestra ao coñecemento das relacións entre Cataluña e Galicia.