A vitoria do perdedor
ISBN: 9788499143989
Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais arealidade -en forma dunha represión que non cesa- axiña lle vaidemostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impedirallefuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador quecambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir. Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acciónvigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre aperversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldaderesultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade edesquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.