Sira e o robot
ISBN: 9788499148342 XERAIS INFANTIL E XUVENIL - EDICIÓNS SINGULARES
Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficialxunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots sonaparellos choromicas que posúen o don da música. Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moiimaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Unvenres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio natelevisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vaicelebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre. Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneiranatural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.