🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

A ira dos mansos

2016 192 p. GLG
ISBN: 9788491211013 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
17,83 € 17,83 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos doedificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa einternacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreirasemocionais. A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novelaapóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunhatrama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonoscontra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentrodas convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballancon colectivos con síndrome de down. A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante quetrata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.