A luz co tempo dentro
ISBN: 9788491518389 Editorial Galaxia, S.A. Memoria
A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan. A pulsión e revelación da existencia, por un lado. Polo outro, a poderosa sede de plasmarsee autorrealizarse nos planos da ficción. Sempre máis próximo da terraque se pisa que da entelequia de ceos arelados, o autor é conscientede que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguéncontrola, de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e aatan á ruína. O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e non casualmente aduce referencias de temas e de autores, da man dos cales, con reiteración, confesa: O voluntario regreso aoser da terra, a ese natural ritmo do tempo e das sazóns, significouacaso a etapa máis serena, harmoniosa e fecunda da miña singradura. Como unha recalada cando esa hora de ir recollendo velas se aveciña.