Asasinato no Consello Nacional
ISBN: 9788499141718 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Oscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiroachegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindoposteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoullena cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron dereanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora. O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de "atentado contra a democracia". Ovicepresidente Oscar Quiroga, amosouse "conmocionado" e afirmou que"Galiza saberá estar á altura das circunstancias" ante un asasinato"que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aosnacionalistas galegos". Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de"camarada insubstituible e extraordinario patriota galego". Horasantes do crime, Oscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo doconsello nacional da formación frontista, conclave no que taménpresentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular endetrimento do bipartito formado por PSd G-PSOE e BNG. Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibiráda dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.