🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Percival e outras historias

2013 104 p. GLG
ISBN: 9788499145419 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
19,72 € 19,72 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seuprimeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logode ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emocióngobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e quenon acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios.» E é que Méndez Ferrín escribía, a dicir de Cunqueiro, «con trazo moi seguro, vivo, obrigando o lector a ver os personaxes, a situación e o clima de misterio dunha única ollada». Mesturando con axilidade elementosaproveitados da tradición popular con elementos de vangarda, combinando mitos artúricos con outros de extracción grega, fundindo arealidade crúa e violenta con simbolismos, alegorías e fantasía, tal e como sinalou Bernardino Graña, o lector ou lectora non é quen desaber se habita nun mundo de insectos que se devoran ou de sereshumanos extremadamente crueis. Saudado con entusiasmo, no seu día, por Otero Pedrayo, este libro, en palabras de Bernardino Graña, é inicial pero definitivo porque, con el, Ferrín comezou a ser narrador, aconverterse nun novo mestre. E iso é posible porque, como apunta Xabier Cordal, «lemos a Méndez Ferrín co mesmo pracer desacougante que nos leva a reincidir en David Lynch ou Edgar Allan Poe».