Cartas de Galiza
Prosper-henri Devos
ISBN: 9788484876168
Prosper-henri Devos
Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anotaas oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L'Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico eliterario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores einvestigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas comomemoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva da Galiza. En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca doeu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara aopasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte aunha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe damodernidade e da civilización europea. Cartas de Galiza é unhaviaxe obrigada polas principais cidades galegas, pola súa arquitectura e as súas xentes. Na procura de si mesmo, Prosper-Henri Devos atopaunha realidade que o apreixa e o transcende e lígase de amizade coscenáculos literarios ourensáns, facendo dos escritores galegos unexemplo de cosmopolitismo e de abertura cultural.