🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Overslaan naar inhoud

Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-183

2019 256 p. GLG
ISBN: 9788491216230 Edicións Xerais EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS
40,00 € 40,00 €

Betaling met: Overschrijving VISA Bancontact
Levering in 5–10 werkdagen Retourneren binnen 14 dagen
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquelaun porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridadesmunicipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios desubsistencia. Este colectivo logrou manter o dereito a redar cosaparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do«pasto común» da ría. A falta dun depósito de sal e de embarcacións de cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais aocomercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dossonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo dearrieiros de peixe seco. No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazovital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado dofrecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen deacadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio na localidade. Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron aexpansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes paracompetir co bacallau estranxeiro.