Overslaan naar inhoud

Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, eninesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos devento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos evidas conmovedoras. A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxana paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que aspinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes daigrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivona súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que ogaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido... Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universaldo sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. Eas súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva poloautor.